Os viadutos son un símbolo de Redondela. O viaduto de Ourense, o primeiro que atopa o peregrino que chega polo Camiño Interior, é unha obra cunha lonxitude de 318 metros e unha altitude máxima de 36 metros. Consta de tres partes: a central metálica e as laterais de cantería. Foi inaugurado o 30 de xullo de 1876. O viaduto da liña férra Vigo-Pontevedra, situada sobre o barrrio mariñeiro da Esfarrapada, é a obra máis importante de todo o trazado. Ten tras vans metálicos e dez de perpiaño, con luces de 57,70 metros os centrais e 46 metros os laterais. Foi inaugurado en plena Festa do Corpus do ano 1884.

  • redondela pontevedra rias baixas turismo tourism viaducto viaduto viaduct

VIADUTO DE MADRID
VIADUTO DE PONTEVEDRA