O Pazo de Reboreda, sito no lugar da Quintana, é un exemplo perfecto de casa grande galega. Foi fundada no século XVII polos García Prego de Montaos, quen tamén deixaron a súa pegada na arquitectura do casco vello de Redondela (por exemplo, na Casa da Torre). O pazo tiña capela que despois se converteu na actual igrexa parroquial (1736). Un paso une o pazo coa igrexa. No adro sitúase un cruceiro datado en 1770 e dende o cal hai unhas bonitas vistas de Redondela. Na fachada do pazo consérvanse dous escudos de armas: dos Araújo y Puga e dos Pregos de Montaos, Sotomaior e Troncoso de Lira. Finalmente, este pazo gañou moita sona grazas a Xoán Manuel Pereira, un republicano e diplomático do século XIX, que sería o protagonista da novela de Ramón Otero Pedrayo “O señorito da Reboraina” (1960).

  • redondela pontevedra rias baixas turismo tourism pazo Reboreda manor