Este edificio histórico coñecido como “Casa da Torre”, que hoxe é o albergue público, destaca pola súa arquitectura e os espazos culturais. A Casa da Torre é un edificio de tipo señorial, de estilo renacentista, fundada no século XVI pola saga dos Prego de Montaos. Xusto enriba da porta arquexada está a confirmación en forma de escudo familiar. A nómina de propietarios é tan ampla como os usos aos cales se destinou. Por exemplo, foi a Casa do Concello até que se construíu o actual, situado na Alameda de Castelao. Pero tamén foi, por estraño que pareza, un depósito de coches de aluguer e despacho de tabacos. No interior existe unha biblioteca, unha sala de lecer e un espazo reservado á exposición de Sargadelos, que nos relata de maneira didáctica a historia e nos amosa varios exemplos orixinais da cerámica máis representativa de Galicia.

  • redondela pontevedra rias baixas turismo tourism casa da torre The house of the tower
  • redondela pontevedra rias baixas turismo tourism casa da torre The house of the tower
  • redondela pontevedra rias baixas turismo tourism casa da torre The house of the tower