Á beira do mar da Ría de Vigo, co estreito de Rande a un lado e no outro as illas Cíes, atopámonos co paseo e praia de Arealonga, no barrio de Laredo (Chapela-Redondela). Andar á brisa do mar é sempre un atractivo para crianzas e adultos que procuran un espazo de tranquilidade. O paseo conta con todos os servizos básicos e ofrece un pequeno circuito para que nenos e nenas, sobre bicicletas ou patíns, poidan facer percorridos. Na zona de praia hai cafeterías e restaurantes con terrazas. E cara ao final está o parque infantil, con tirolina e outras estruturas lúdicas, que farán pasar un bo rato aos máis pequechos e pequechas. A praia, de area fina, é un dos tres areais que conta o municipio de Redondela. Este sitúase preto do paso do Camiño Portugués pola costa. Sempre resulta unha parada atractiva para descansar, repoñer forzas e gozar da natureza marítima.

  • redondela pontevedra rias baixas turismo tourism playa arealonga beach praia