Trátase dun roteiro de sendeirismo circular de 10 km, cunha duración aproximada de tres horas e dificultade media. Situada na parroquia de Ventosela, comeza e remata na Casa Cultural, pasando pola Igrexa parroquial e sempre en ascenso, ata a Pedra Taió, o punto máis alto do camiño, dende o que poderemos ollar unhas fermosas vistas sobre a Ría de Vigo. Polo camiño atoparemos varias fontes de formacións rochosas cunha morfoloxía moi peculiar: Conxunto rupestre da Pedreira, Pedras Agudas, A Laxe das Abellas, A Pedra Taió (un dos lugares máxicos da zona), A Pedra que Fala e A Pedra Erosionada.