Pazo do século XVII que foi restaurado nos anos 50 no seu interior, sen alterar apenas o seu aspecto exterior. Trazado sobre unha planta en L de tres alturas, cunha torre ameada nun dos seus extremos. Cómpre salientar a escaleira presidida por Santiago Apóstolo e que remata nun pequeno patín, a capela, un hórreo e unha fonte de gran beleza, todo eles en bo estado de conservación.

Ademais de servir de escenario para varias películas, nos últimos anos vénse gravando no seu interior o programa de cociña da TVG “Larpeiros”.