A ría de Vigo garda celosamente grandes segredos, innumerables riquezas e tesouros, froito de diversas batallas entre frotas co fin de saquear mercadorías. Para lembrar, protexer e enxalzar este patrimonio escondido rehabilitouse a antiga fábrica do alemán, unha antiga conserveira do ano 1944 adquirida por un alemán afincado en Bilbao tras a súa colaboración na II Guerra Mundial cos nazis. O centro non só nos mostra posibles tesouros arqueolóxicos e culturais da época da Batalla de Rande, senón tamén parte do patrimonio industrial e histórico de Rande. Unha serie de salas recrean a época, as mercadorías, a batalla, así como certos aspectos do mundo da conserva, nunha estampa perfecta, avistando a Ponte de Rande en plena Enseada de San Simón. O centro de interpretación da Batalla e do Patrimonio Cultural de Rande, Meirande, ten a misión de sensibilizar e concienciar da enorme riqueza artística, socio-cultural e paisaxística da zona.

  • redondela pontevedra rias baixas turismo tourism museo museum

VER LOCALIZACIÓN
VER WEB EXTERNA