Este elemento pétreo é un miliario. Foi colocado neste punto contra o século II d. de C. como indicador das distancias que empregaron os romanos: Milia passum. De aí o motivo do seu nome: miliarioEste miliario, coñecido como o Miliario de Santiaguiño, formaba parte da antiga Vía XIX que unía as localidades de Braga e Astorga pasando por Lugo. Tempo atrás tamén recibiu o nome de “Anta de Maniola”. Aquí quedou até hoxe. Pero o seu uso foi modificado polas crenzas populares. Primeiro, a inscrición latina foi alterada por persoas que fixeron cruces sobre ela como unha forma de “cristianización” do propio elemento. Segundo, a súa forma fálica foi interpretada como un obxecto de superstición no cal as mulleres procuraban a fertilidade. Hoxe en día o miliario establece os lindes entre os concellos de Mos e Redondela. Desta maneira, cun elemento patrimonial tan antigo e de tanto valor, o municipio de Redondela dá a benvida aos peregrinos que van camiño de Santiago de Compostela.

  • redondela pontevedra rias baixas turismo tourism miliario vilar
  • redondela pontevedra rias baixas turismo tourism miliario vilar