No centro de Redondela, a carón do parque infantil Xohana Torres e da Alameda de Castelao, encontrámonos coa Fonte de Santiago Apóstolo, que foi restaurada en 2021. O espazo onde se sitúa esta fonte permítenos observar a arquitectura tradicional das casas de ribeira. Porque até a segunda metade do XX Redondela era un porto de mareas e a zona de descarga dos barcos situábase, aproximadamente, nesta zona. A fonte ten tres corpos diferenciados: a pía, o corpo central e o remate. Os canos de auga decoráronse con cabezas de león con grande expresividade e detalle. Por riba deles está a figura de Santiago Matamouros. No cima está unha forma piramidal truncada que cobre un vaso.

  • fonte fuente santiago redondela fountain
  • fonte fuente santiago redondela fountain
  • fonte fuente santiago redondela fountain
  • fonte fuente santiago redondela fountain