A lenda da Coca é unha dos mitos máis importantes da nosa vila, que dá lugar a unha das festividades máis coñecidas do municipio. Conta a lenda que hai séculos vivía en Redondela un dragón que levaba as mulleres máis fermosas da vila para a súa gorida, situada baixo a ponte da Illa de San Simón. Os mozos mariñeiros da vila, fartos das maldades da bicha, decidiron darlle caza alzando as súas espadas e tras unha longa batalla estes resultaron vitoriosos. Unha vez morto o animal, rescataron ás súas prisioneiras e levaron o corpo ao centro da vila, onde os mariñeiros, agarrando as espadas uns dos outros, comezaron bailar ao redor do tormento ao que deran fin. Para lembrar esta historia ancestral, todos os anos no desfile do Corpus Christi, desfila polas rúas a figura da Coca e realízase a “Danza das Espadas e as Penlas”. Tamén é de especial interese ver as alfombras florais que se realizan para o paso da procesión da Virxe “A Gabacha”. A nosa tradición acabou convertida nunha espectacular festa declarada “De Interese Turístico Galego” de varios días de duración, nos que se goza dun amplo programa de espectáculos, concertos, exposicións e verbenas nocturnas.

  • redondela pontevedra rias baixas turismo tourism coca corpus cristi christi