En plena Enseada de San Simón na marabillosa praia de Cesantes atópase a Casa O Piñeiro. O noso establecemento conta con dúas habitacións con dúas camas cada unha, un amplo salón, cociña e dous baños. O máis importante deste establecemento é o seu amplo xardín con piscina, cenador e grellada, totalmente privado para vostede. Se o que buscas é relaxarche, descansar, gozar da praia ou piscina, Casa O  Piñeiro é o lugar que estás a buscar. En primeira liña de praia, con vistas á Ría de Vigo, Illa de San Simón e ponte de Rande. Rodeada de restaurantes, escola de kaiak ou kitesurf, espazos de música en directo, a súa situación é inmellorable. A poucos quilómetros de Redondela, podendo mesmo ir andando pola praia, se non queres coller o coche.

  • hostal redondela hostel hotel albergue