Situada á beira da Casa da Torre (actual albergue de peregrinos), encontrámonos coa Casa da Alfóndega. Trátase dunha construción do século XVI que, na fachada, presenta unha porta rematada en arco de medio punto e dous escudos: un coas armas dos Prego de Montaos e Pereira de Castro, e outro coas dos Troncoso de Lira e Araújo. Detrás deste edificio atopábase a Praza da Alfóndega. Alí, antigamente, celebrábase o mercado agrícola, de compra e venda de sementes, e un dos espazos de socialización máis vivos no seu tempo. Actualmente a Casa da Alfóndega é un restaurante.

  • redondela pontevedra rias baixas turismo tourism
  • redondela pontevedra rias baixas turismo tourism
  • redondela pontevedra rias baixas turismo tourism