No interior da Ría de Vigo, o 23 de outubro de 1702, produciuse unha das máis importantes batallas navais no contexto da Guerra de Sucesión Española. Dun lado estivo a escuadra formada pola coalición anglo-holandesa e do outro lado estivo a alianza hispano-francesa. A Frota de Indias, que traía un importante cargamento, refuxiouse na ría para preparar a defensa ante o inminente ataque inimigo. O estreito de Rande, onde agora se sitúa a ponte, converteuse nunha barricada flotante. A ambos lados había dous pequenos fortes (cuxos restos aínda son visibles) para axudar na defensa. A escuadra anglo-holandesa foi quen de atravesar Rande tras a invasión por terra de varios soldados que ocuparon os fortes. A baía converteuse nun terrible espectáculo de lume e morte que o padre Feijoo, un dos ilustrados máis destacados de Galicia, resumiu no verso “Arde o mar”. A derrota hispano-francesa foi total. Esta batalla está presente no libro das Vinte mil legas baixo dos mares, de Jules Verne. Crese que no fondo se agocha un excepcional tesouro. Por esa causa foi motivo de estudos e expedicións submarinas nas últimas décadas. No mes de outubro celébrase unha festa de conmemoración. Esta conta cunha recreación de varios episodios centrais da batalla e coa participación da veciñanza da parroquia. Durante tres días a zona revive o século XVIII. Na festa hai oferta lúdica para crianzas, actividades para adultos, presenza de barcos tradicionais, exhibición de cetrería, obradoiros, rutas guiadas pola enseada… e como peche un espectáculo pirotécnico como simulacro do que foi a Batalla de Rande. Redondela conta co Museo Meirande de Interpretación da Batalla de Rande. Podes consultar máis información na súa web.

  • redondela pontevedra rias baixas turismo tourism batalla rande battle festa fiesta festival