O albergue “A Casa da Herba” está situado no propio Camiño de Santiago en pleno centro histórico de Redondela, diante dunha preciosa praza, chamada Praza da Alfóndiga, cun tradicional cruceiro na súa parte central, que ofrece un espazo único para o esparexemento, encontro e descanso dos peregrinos. O albergue atópase nunha zona tranquila, ideal para o descanso, e ademáis, a súa céntrica localización posibilita o acceso a todo tipo de servizos necesarios para o peregrino e a visita aos lugares máis visitados da vila. O albergue ofrece dúas modalidades de aloxamento: desde as tradicionais liteiras en habitacións compartidas de diferentes capacidades de 4, 6 e 12 prazas, ata cuartos dobres con balcón e vistas á Praza da Alfóndiga. O albergue conta con todas as comodidades e servizos requiridos polos peregrinos que se dirixen a Santiago: lavandería, cociña totalmente equipada e espazo común.

  • hostal redondela hostel hotel albergue