A Ponte de Rande é a construción civil máis importante de Galicia, que se converteu nun símbolo da comarca e un dos espazos máis fotografados. O estreito de Rande, que fora testemuña da batalla naval de 1702 entre as escuadras anglo-holandesas e a hispano-francesa, une os concellos de Moaña e Redondela. As obras comezaron o 17 de decembro de 1977 e abriuse ao tráfico o 7 de febreiro de 1981. O van principal ten unha lonxitude de 401 metros. No seu día foi unha das pontes atirantadas máis grandes do mundo. Cada día pasan por aquí arredor de 50.000 vehículos. Por mor da densidade de tráfico comezou, no ano 2015, unha ampliación que rematou en decembro de 2018.

  • redondela pontevedra rias baixas turismo tourism Puente Rande ponte bridge

VER LOCALIZACIÓN