O Pazo de Petán, ou de Santa Teresa, é unha construción datada a mediados do século XVII, fundada pola familia dos Prego de Montaos, con tanta presenza na vila de Redondela. Neste lugar viviu o frade Sarmiento de Soutomaior, xeneral da orde bieita e bispo de Jaca e Mondoñedo. Dispón de dúas plantas e unha torre ameada no lado dereito, con longas balconadas e amplos arcos na peza principal. No interior hai un fermoso e acolledor xardín que complementan un fermoso espazo no propio centro urbano de Redondela. Actualmente é unha casa de propiedade privada.

  • redondela pontevedra rias baixas turismo tourism pazo manor house
VER LOCALIZACIÓN