Este lugar, punto de encontro entre os municipios de Redondela e Soutomaior, emerxe como un dos lugares con mellores paisaxes da zona. Alí no alto, a 327 metros sobre o nivel do mar, podemos observar a Ría de Vigo e, doutro lado, o val do río Verdugo e os camiños cara á Terra de Montes e a Serra do Suído. En toda esta contorna sobresae o castelo de Soutomaior, un dos mellor conservados de toda Galiza. A Peneda ten unha longa historia. A presenza dun castro remóntanos ao período antes de Cristo. Apenas quedaron restos pero destaca unha mina de certa profundidade. Pero sen dúbida o feito histórico máis importante sucedeu na Idade Media, no contexto das revoltas irmandiñas e os conflitos nobiliarios, con Pedro Madruga como protagonista. A entón coñecida como Fortaleza de Castrizán, construída a finais do século XV por orde do arcebispo de Santiago de Compostela, Alonso de Fonseca (da que se conserva en bo estado parte da estrutura) quedou de testemuña daquela época de guerras continuadas. Posteriormente a ermida dedicada á Virxe das Neves da Peneda (séculos XV-XVI) dotouna dun lugar de celebracións e romarías, un espazo social onde se celebra, por exemplo, a Festa dos Fachos a finais do mes de xuño. Dende 2021 as impoñentes sobreiras da Peneda foron catalogadas como árbores senlleiras.

  • redondela pontevedra rias baixas turismo tourism monte mountain viewpoint paisaje landscape

VER LOCALIZACIÓN