O arquipélago de San Simón está formado por catro illas dedicadas a catro santos: San Bartolomeu, San Norberto, San Simón e Santo Antón. Estas dúas últimas son as que acollen as instalacións. A historia da illa é longa. Na Idade Media asentáronse unha comunidade de monxes e foi un dos espazos protagonistas da lírica medieval galega, de tanto esplendor na Europa do seu tempo. Os ataques dos piratas (sobre todo o realizado por sir Francis Drake) converteron o espazo en testemuño constante de batallas. En 1702 produciuse a famosa Batalla de Rande entre as escuadras anglo-holandesas e a hispano-francesa, con victoria da primeira. En época máis recente, a illa foi lazareto até que durante a Guerra Civil se converteu nun campo de concentración. Por ela pasaron arredor de 6.000 presos políticos. Na segunda metade do século XX foi un hospicio e un espazo de recreo. Actualmente a illa rehabilitou as instalacións, que se destinan a actividades socioculturais, dende congresos e conferencias até escolas de música ou campamentos.

  • redondela pontevedra rias baixas turismo tourism Isla san simon island illa

VER LOCALIZACIÓN