No lugar dos Eidos, un amplo espazo a carón do Campo das Redes e situado fóra das murallas da vila, había un antigo hospital de pobres e peregrinos. En 1833 este espazo reconverteuse nun cemiterio construído e pagado polo concello de Redondela. Co paso do tempo algúns elementos funerarios ou pedras numeradas foron levadas dende o cemiterio á igrexa de Santiago de Redondela. O cemiterio experimentou algunhas reformas co paso dos anos. Na década dos 80 do século XX foi pechado tras a creación cun cemiterio municipal lonxe do casco urbano. Pero o espazo mantívose intocable. O cemiterio foi rehabilitado no ano 2020. O resultado permítenos observar esculturas, tumbas, mausoleos ou lápidas de gran valor artístico. Ademais, para a historia local, aquí se atopan os nomes de importantes figuras, dende políticos a militares. Hai que destacar o traballo dos mestres canteiros e os gustos da época burguesa, perceptibles nalgunhas esculturas e na simboloxía usada. Este monumento, considerado como un “xardín romántico”, aspira a entrar na lista de “Cemiterios Singulares de Europa”. O Concello de Redondela organiza visitas guiadas polo cemiterio. Consulta a axenda de eventos e reserva a túa visita!

  • redondela pontevedra rias baixas turismo tourism cementerio eidos cemetery

VER LOCALIZACIÓN