Localización

¿Onde está Redondela?

Pertencente á mancomunidade de Vigo, este conceito pontevedrés localízase no suroeste da provincia, na parte máis interior da ría de Vigo. 0 seu territorio acolle a preto de 30.000 habitantes nunha extensión de 51,9 quilómetros cadrados. 0 seu lin­deiro polo oeste é a Ría de Vigo; polo sur o municipio de Vigo; ao leste os de Mos e Pozos de Borbén e polo norte os municipios de Soutomaior e Pozos de Borbén. 

 Ver mapa de estradas (Google Maps)

Redondela, non é soamente unha vila senón un concello composto por 14 enriquecedoras parroquias, cada unha delas con personalidade propia, unhas, mirando cara o mar outras cara ás zonas máis rurais e outras cara ás urbanas: Cabeiro, Cedeira, Cesantes, Chapea, Negros, Quinteto, Reboreda, Redondeia, Saxamonde, Trasmañó, Ventosela. Vilar de Infesta, Vilavella e o Viso.

Este conxunto de contraposicións identificará a Redondela no seu conxunto e seducirá a calquera visitante, atopando na súa visita a Redondela praias e mar, rutas de sendeirismo; paisaxes, gastronomía, arquitectura civil e relixiosa, turismo rural. Redondela pode identificarse por varios símbolos de importancia: os viaductos, que identifican a vila, a Festa da Coca, o choco e a súa Festa (aos seus habitantes coñécesenos coma “choqueiros”), e a enseada de San Simón.

A rede fluvial do concello está formada por varios regueiros (Fondón, Cabeiro...) e por un par de canles de maior importan­cia: o Maceiras e o Alvedosa, os cales envorcan as súas augas directamente no mar. A súa proximidade ao mar fa¡ que as temperaturas sexan moi suaves e se encadren entre os 10 e os 20 graos.

Redondela sitúase a 14 Km de Vigo, a 20 Km de Pontevedra, a 79 Km de Santiago, a 139 Km de A Coruña, a 99 Km de Ourense, a 172 Km de Lugo e a 30 Km de Portugal. 

O camiño de ferro foi dende antigo unha infraestrutura de grande inciden­cia no termo municipal, a punto de ser­vir os viadutos que atravesan a vila como símbolos da súa identidade. Son dúas liñas as que atravesan o termo: a de Ourense, que ven do interior, e a de Pontevedra, que discorre ao longo da costa. É importante destacar tamén a proximidade do aeroporto de Peinador (pertencente a Vigo), que está situado a dez quilómetros.

 

  Voltar a información